
Subiuse ó coche. Introduciu a chave no contacto, e como sempre, pretendía acendelo cun pequeno xiro de muñeca, pero non funcionaba, e sempre tiña que esperar un anaco coa man en posición para escoitar o ruído característico do seu pequeno automóbil. Cando xa estaba todo controlado, o pe esquerdo no embrague preparado para levantarse lentamente ó tempo que co outro apretaría pouco a pouco o acelerador pero que de momento ficaba suxeitando con forza o pedal do freo, a marcha atrás na palanca preparada para soltar o freo de man e comezar a moverse.
Acendeu un cigarro con un desos chisqueiros tirados nese peculiar oco debaixo da radio onde van a parar os máis inesperados obxetos, que a maior parte de vezes non funcionan, pero que despois de un pouco de insistencia se lle consegue roubar algo do pouco de vida que lles queda.
E finalmente, despois de pasar por todo o proceso anterior comezou a mover o vehículo cara atrás, saíndo do seu parking particular, xirou o volante hacia a esquerda e incorporouse á carretera para dirixirse ó seu lugar favorito no mundo, ese lugar afastado da civilización, esas rocas nas que poder sentir un pouco de benestar, olvidar os problemas, consumir algo de fume de contrabando, e contemplar as bonitas vistas ó mar, a Ons e a toda esa naturaleza case sem manipular.
Despois de 10 minutos de relax, conducindo, umha das pequenas cousas da vida que máis a relaxaba, que máis lle gustaba, coa súa música favorita penetrando nos seus ouvidos a un volume esaxerado, algo que lle encantaba, chegou o citado lugar de ensoño, despois de introducir o seu coche por esos camiños de monte, cheos de pedras, de ramas, case inaccesibles, tirou do freo de man e estacionou da maneira que cadrou, apagou o coche, retirou a chave, colheu o seu bolso con tudo o necesario para pasar unhas horas alí, pechouno, e dirixiuse á súa roca favorita a fluir.