Aquí se supon que comeza unha nova vida, ou polo menos, e como obriga, unha nova forma de vivila.
Hoxe será o último día de Diazepan, estou disposta a que non me atrape e só porque hoxe me din conta de que tamen podo servir para algo, teño proxectos en mente, e quero, e para que saian ben, que pouco a pouco se vaian cumprindo.
Toca coller a vida polas rendas, e aínda que tampouco encamiñala, si intentar disfrutala facendo o que me gusta, levando a fin pequenas ideas que nacen nos momentos máis inesperados, e que realmente a maioría delas quedan no olvido por non ter a man un lapiz e un papel, pero de cinzas de outras se consegue rescatar o suficiente como para facer dela un resultado, un resultado real, e final.
TAGGING CLOUDS
Hace 15 años

No hay comentarios:
Publicar un comentario