Camiñas pola rúa, a xente mirate, e ti miras, pero ninguen te mira como o ti o fas. Sabes distinguir quen ten esa libertade nos pensamentos e quen ten unha máquina por cerebro, e só os primeiros son os que poden entender, con ver esa mirada entre perdida e confusa, un pouco de como te sintes. Pero ti non queres que ninguen vexa nin o máis mínimo de ti, te cubres un pouco máis a cara coa gorra que levas posta, escondes a mirada como podes, baixas lixeiramente a cabeza, e segues camiñando sumerxida nos teus pensamentos.
De repente soa o móbil e por desgraza tes que voltar a esa "realidade", levantas de novo a cabeza e miras ó teu redor, algúns se decatan de que algún novo tipo de son entra por algún dos seus sentidos, aínda que non creo que sepan exactamente por cal, e outros simplemente seguen inmersos nos seus propios mundos, os que teñen esa liberdade á hora de pensar.
Despois da rápida reflexión, voltas á consciencia e recordas a chamada, cando miras a pantalla sorris porque é alguen que aínda que che de boas ou malas noticias sempre queres falar con ela.
Esta vez eran boas noticias, por primeira vez dende fai moito tempo, aínda que despois a conversa derive na mala situación que estás pasando, alédaste só do feito de poder facelo con esa persoa.
Durante a conversa voltas estar sumerxida, so que esta vez nun oco entre os teus pensamentos e os que che transmite a outra, por iso cando remata, e voltas á "realidade" te decatas de que o mundo sigue funcionando ó teu lado, seguía funcionando mentras falabas, e quen sabe se outra persoa, a moi poucos metros, estaba mantendo unha conversa telefónica parecida.
Gardas o mobil, voltas baixar a gorra, esconder a mirada e camiñar, camiñar sen rumbo aínda que no fondo sabes que o teu cerebro te levará directamente ata o lugar de onde saíches.

No hay comentarios:
Publicar un comentario