Son as 5 da mañá. Non teño sono, e menos ganas de dormir, sei que se me drogo con esas pastillas que me subvenciona a seguridade social poderei caer durante um par de horas, ou quizá tres, pero non quero. Para qué dormir se ó final o paso peor soñando contigo que pensando en ti.
Estou tocada, dende moitos puntos e sobre outros tantos, unha detrás de outra, unha detrás de outra... Estou nun punto no que non sei realmente que é o que máis me afecta, a miña realidade está desmoronada, non atopo por onde voltar a empezar, se tiña un pequeno foco de luz, agora xa non existe, borrouse.
Estou desbordada, a miña cabeza está saturada, e o meu corazón aínda máis, ou quizá non sexa esa a palabra exacta, pero eu sei o que digo.
Gustaríame poder deixar de existir, así, sen máis, evaporarme, convertirme en millóns de partículas de fume, como as dun cigarro, consumirme a min mesma ate que non quede máis que unha colilla para tirar ó lixo. Seguro que así deixo de pensar, de sufrir, de martirizarme, de culpabilizarme, de castigarme... A verdade, sería unha lenta, dolorosa, e preciosa morte, pasando a ser parte do aire que antes respiraba, e pode que ate sendo de utilidade para algo ou alguen, seguro.
