Son as 5 da mañá. Non teño sono, e menos ganas de dormir, sei que se me drogo con esas pastillas que me subvenciona a seguridade social poderei caer durante um par de horas, ou quizá tres, pero non quero. Para qué dormir se ó final o paso peor soñando contigo que pensando en ti.
Estou tocada, dende moitos puntos e sobre outros tantos, unha detrás de outra, unha detrás de outra... Estou nun punto no que non sei realmente que é o que máis me afecta, a miña realidade está desmoronada, non atopo por onde voltar a empezar, se tiña un pequeno foco de luz, agora xa non existe, borrouse.
Estou desbordada, a miña cabeza está saturada, e o meu corazón aínda máis, ou quizá non sexa esa a palabra exacta, pero eu sei o que digo.
Gustaríame poder deixar de existir, así, sen máis, evaporarme, convertirme en millóns de partículas de fume, como as dun cigarro, consumirme a min mesma ate que non quede máis que unha colilla para tirar ó lixo. Seguro que así deixo de pensar, de sufrir, de martirizarme, de culpabilizarme, de castigarme... A verdade, sería unha lenta, dolorosa, e preciosa morte, pasando a ser parte do aire que antes respiraba, e pode que ate sendo de utilidade para algo ou alguen, seguro.

ja fai q nom escrives... eu so fago se estou mal... coma ti suponho
ResponderEliminarsi que fai que nom escrives...
ResponderEliminarte seguire amando... aunque tu no lo sepas... aunque me odies...
ResponderEliminareres Eve... Libre...
te deseo lo mejor... ojala vuelvas a escribir...
V
OJALA...
ResponderEliminaramigos... sei que foi o que dixen...
ResponderEliminarpero en realidade sei que non e o que quero...
quero estar contigo.
ogalla non o rompese de todo =(
ogalla non fora tarde...
ti segues caminando... e non te culpo...
coma sempre, culpome a min
mirando as tuas fotos do tuenti... tomei mais consciencia do fora que estiven en realidade da tua vida... non souben encaixar nin abrirme...
ResponderEliminardasme envexa cando te vexo tan feliz con todos estes...
eu tamen quero...