sábado, 26 de diciembre de 2009

Tempo



Non sei porqué quería que rematase Novembro, agora é tamen malo Decembro. Non voltarei a poñer límite a unha temporada polo día, mes ou ano que sexa. Non porque empece un novo día as cousas van ir mellor, non porque cambiemos de mes vai mellorar nada, e non porque o ano remate e comece outro a minha vida vai cambiar.
Empezo a estar convencida de que son así, de que estou aquí para sufrir e pasalo mal, e aínda así intentar poñerlle boa cara ó mundo. Pero chega un punto no que te cansas de pasalo mal, e como dixo un día unha sabia persoa, "cando sempre exprimes todo o malo, chega un momento no que te cansas de facer zumos", e ten toda a razón, polo menos dende o punto de vista desta historia á que chaman vida que me tocou vivir.
Os actores estamos para iso, para actuar, pero eu xa me cansei.
Os xogadores estamos para iso, para xogar, pero tamen me cansei de xogar.
Sí, supoño que son un pouco actriz e un pouco xogadora, ou máis bem, o fun.

No hay comentarios:

Publicar un comentario